A Policía aparta a empuxóns do enreixado do Parlamento os alcaldes da oposición

A concentración de alcaldes da oposición contra a subida do canon de Sogama dun 34% viviu esta mañá momentos de tensión fronte a axentes da Policía, recibindo algúns deles, do mesmo xeito que deputadas do BNG a empuxóns por parte dos axentes para evitarlles o paso ao interior do edificio.

A axitación entre policías e manifestantes desencadeouse cando un dos rexedores intentou atravesar o enreixado do Hórreo cunha pancarta.

A continuación, os manifestantes foron desprazados pola Polcia a empuxóns á beirarrúa de en fronte ao Parlamento.

Durante os momentos máis tensos un axente chegou a agarrar polo pescozo da camisa ao portavoz nacional do BNG, Xavier Vence.

A esta manifestación sumóuselle a dos afectados polas preferentes que confluíu coa dos grupos da oposición .

Comentarios