A plataforma recorrerá as multas por manifestarse e reúne fondos para pagalas

A Plataforma Sarriá polo Río anunciou que recorrerá as 26 sancións que recibiron algúns membros pola protesta e a manifestación acontecidas o 25 de marzo, día no que as forzas de seguridade desaloxaron a acampada e iniciouse a talla das árbores. Estas multas van desde 500 a 650 euros e a suma das 26 é de 13.750 euros.

No caso de que non se acepten as súas alegacións, presentarán un recurso no xulgado do Contencioso-Administrativo. Ademais, a plataforma abrirá unha conta bancaria para reunir fondos para pagar as sancións por se finalmente tivesen que abonalas, explicou un membro do colectivo, Roberto Irimia. Se as multas son retiradas, o diñeiro recadado destinarase a fins sociais.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios