A plataforma en defensa do Burgo recollerá firmas para conseguir unha partida nos PXE

A plataforma en defensa da ría do Burgo iniciará a próxima semana unha campaña de recollida de firmas para esixir ao Goberno central que inclúa a dotación orzamentaria necesaria para acometer o saneamento e rexeneración da zona.

Esta iniciativa arrinca tras coñecer que os orzamentos xerais do Estado non inclúen ningunha partida económica para a recuperación da ría.

A plataforma considera unha "grave irresponsabilidade" esta decisión e denuncia a "falsidade" e "mentiras" dos concellos da zona e da Xunta. "O PP xa anunciou polo menos tres plans diferentes desde a súa chegada ao Goberno galego, pero ata o momento non se fixo efectiva nin unha soa actuación", denunciou a plataforma nun comunicado.

Comentarios