A plataforma cultural Sonda Norte crea unha web para divulgar as súas ideas

Miembros de Sonda Norte, ayer en la casa de la cultura. sonda norte
photo_camera Miembros de Sonda Norte, ayer en la casa de la cultura. sonda norte

A plataforma cultural ribadense Sonda Norte, que aúna a todas aquelas persoas con inquietudes artísticas en todo tipo de ámbitos para programar actividades e proxectos que o Concello de Ribadeo axudará a levar a termo, xa dispón dunha páxina web na rede de redes, que onte presentaron algúns membros do colectivo, así como un dos creadores do portal electrónico.

Jorge Álvarez ‘Jotace', estudante de deseño gráfico na escola Ramón Falcón de Lugo e o programador Ángel Xusto, ambos de Ribadeo, crearon unha web, aínda por completar, na que aparece a axenda de actividades programadas, as creacións das persoas colaboradoras coa plataforma, por exemplo algúns discos dos músicos ribadenses, así como outros proxectos, entre os que destaca o dunha televisión que emitirá unha vez ao mes, nun principio, a través deste portal, cuxa dirección é http://sondanorte.ribadeo.org.

Innovación
A plataforma cultural, que nace con intención de aglutinar a artistas e intelectuais de toda a comarca, tan só ten parangón en Galicia co proxecto Leña Verde que opera desde hai anos na comarca do Barbanza, concretamente en Boiro. O seu carácter aberto e apolítico fixo posible que xa sexan 60 os membros deste colectivo, a maioría de idades comprendidas entre os 25 e os 35 anos, que preparan actividades para enriquecer a oferta cultural da vila.

Comentarios