O persoal trata de retirar antes do luns todo o lixo do centro urbano

Acera y calzada de la Rúa Galicia libre de basura, ayer. (Foto: M.Roca)
photo_camera Acera y calzada de la Rúa Galicia libre de basura, ayer. (Foto: M.Roca)

As principais rúas do centro urbano de Vilalba xa foron obxecto dun importante lavado de cara tras a desconvocatoria na tarde do xoves da folga indefinida do persoal de Urbaser, tras 25 días sen recoller o lixo no municipio. Así, podería ser que para principios da próxima semana xa non haxa ningún vestixio no centro urbano do que foi o paro máis longo da historia de Urbaser en Vilalba.

Nas dúas primeiras quendas de retirada de residuos xa se eliminaron das rúas preto de 50 toneladas de desperdicios. Aínda queda moito traballo por facer, xa que tras case un mes de paro hai moita cantidade de lixo por recoller, a pesar de que algúns días en servizos mínimos chegáronse a quitar nunha noite 8.000 quilos do centro da capital chairega.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios