Os traballadores da piscinal municipal de Vilalba, que levan seis meses sen cobrar as súas nóminas, decidiron aprazar por terceira vez o inicio da folga indefinida que estaba prevista para o pasado luns 24. Nesta ocasión, o persoal deu un prazo de seis días laborables para que se concreten as negociacións que existen actualmente entre unha empresa interesada en facerse coa xestión da instalación e o administrador concursal, de forma que, se estas non prosperasen, o paro empezaría o vindeiro sábado 6 de decembro.
Buscar
Notificacións
Secciones
Más en Noticias
Noticias
Redacción
02/jul./22
comentarios