O persoal de Ecesa negocia a liquidación da firma burelense

Planta de Ecesa, en Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)
photo_camera Planta de Ecesa, en Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)

Os traballadores da empresa Área Mineira do Atlántico, a antiga Ecesa, viven hoxe un día "crave" para o seu futuro, xa que ás seis desta tarde iníciase en Burela o período de consultas previo á liquidación da firma. Uns encontros que reunirán ao administrador concursal co comité de empresa e do que sairán as indemnizacións que percibirán os empregados, preto de 35, dos que unha trintena ten o seu posto de traballo na localidade burelense.

Con "incerteza" enfróntase o persoal a este duro transo, que lles chega logo de pasar en 2013 por un concurso de acredores. "A nosa situación actual é como se estivéramos enfermos de cancro, cun 98 por cento de posibilidade de morrer, pero seguimos con vida e padecendo enormemente", sinalou o presidente do comité de empresa, José Manuel Casabella.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios