A piscina de Xove pecha para situar paneis solares

Instalaciones del centro cívico xovense. josé mª álvez (ama)
photo_camera Instalaciones del centro cívico xovense. josé mª álvez (ama)

A piscina municipal de Xove pechará catro días, desde mañá, mércores, ata o vindeiro sábado, día 1, con motivo dos traballos de colocación dos paneis solares que situará a empresa Instalacións Eléctricas Sanxenxo (Inelsa) dentro do proxecto de dotación de enerxía solar fotovoltaica de balance neto para consumo nas dependencias municipais.

A nova instalación situarase na cuberta da piscina. Unha vez colocados os paneis, só resta a autorización para realizar a conexión á rede eléctrica. O alcalde, Demetrio Salgueiro, indica que «aproveitamos esta semana para facelo, porque o venres xa está pechado o concello pola celebración de Santa Rita», patroa dos empregados municipais.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios