A Paixón nena cobra vida

La comitiva suscita curiosidad entre los mayores (Foto. Antonio López)
photo_camera La comitiva suscita curiosidad entre los mayores (Foto. Antonio López)

Un ano máis desde fai xa máis de 40 os veciños do barrio vivariense de Campo Urraca organizan unha celebración moi especial con motivo da Semana de Pascua. Trátase das procesións infantís da Paixón, en que máis dun centenar de nenos percorren as rúas da cidade do Landro como hai uns días fixeron os maiores con motivo da morte, paixón e resurrección de Jesús.

A diferenza principal radica no tamaño dos pasos, que non son tan pesados como os que portan os grandes, pero para o tamaño dalgúns pequenos son o suficiente. O factor común é a ilusión duns e outros, que os maiores cultivan entre os pequenos para que algún día poidan sucederlles nunha misión que move a miles de persoas e que ten unha gran repercusión económica, social, cultural e relixiosa para o municipio, pois forma parte da súa identidade.

Os nenos sacaban hai anos á rúa en procesión os santos que tiñan nas súas casas, ademais de dous paus que facían as veces dunha cruz procesional e latas baleiras para emular a música dos tambores que serve para marcar o paso dos confrades durante os desfiles da Paixón. O paso do tempo posibilitou a evolución das pequenas imaxes, que agora son reproducións a pequena escala da Semana Santa vivariense. Pola súa banda, os nenos fan as mesmas funciones que os maiores e algunha máis, dado que se visten de llevadores e portan os pasos, tamén se atavían coas roupas das autoridades, os soldados romanos ou as numerosas bandas de tambores,

TRINTA ANOS EN ESCENA
Alumnos e pais do colexio de Ferreira actuarán o sábado no Festival Infantil

o ceip Santa María de Ferreira do Valadouro celebrará este sábado a trixésima edición do Festival Infantil, un evento no que actúan os 101 nenos do centro, ademais dos pais dos que cursan terceiro, cuarto e quinto de Primaria. Un evento que todo o pobo espera con gran interese, xa que é unha cita consolidada, na que a música, o teatro e, sobre todo, o bo humor, permiten aos asistentes pasar dúas horas do máis ameno.

O director do colexio, Enrique Penabad, recorda que as primeiras edicións foron no cine, de onde se pasou un ano ao comedor para terminar na localización actual do polideportivo, onde os nenos actúan sobre o antigo palco das festas.

O recadado serve para sufragar a viaxe de fin de curso.

Escolares do Ceip Cervo Nº1 visitaron o punto limpo municipal

Un grupo de 50 alumnos de 3º a 6º de primaria do Ceip Cervo Nº1 coñeceron onte o punto limpo municipal, situado no polígono de Cuíña. Os nenos participaron nunha visita guiada pola instalación, deténdose en cada colector para escoitar as explicacións dos técnicos sobre o tipo de residuos que se deben depositar en cada un deles. O vindeiro martes serán os estudantes do colexio de Cervo os que visiten a instalación para concienciarse da importancia do seu uso. 

comentarios