A osa xa empezou a ruxir na Marosa

León Benavente e Ángel Stanich, dous dos concertos máis esperados para esta edición, desbordaron adrenalina no recinto
Concierto inaugural del festival Osa do Mar en Burela
photo_camera Concierto inaugural del festival Osa do Mar en Burela

O festival de música alternativa Osa do Mar de Burela xa está en marcha desde o venres no recinto da Marosa. O grupo Súper Cadáver, proveniente de Badaxoz, foi o encargado de acender a chama a dous días de música nos que os asistentes poderán escoitar pop, rock, indie ou rap. A organización, a cargo da asociación Fanto Fantini, se esmeró este ano en ofrecer un cartel moi coidado cun oco para todos os públicos.

As letras surrealistas e o seu estilo escuro baseado no noise rock e o neofolk, con guitarras destorcidas ao Sex Pistols, alagaron é escenario principal cando xa se puxo o sol. Aínda que cunha presenza física menos agresiva que os compañeiros de Sid Vicious, Súper Cadaver conseguiu desatar as boas vibracións, un sentimento que non terminaría ata ben entrada a madrugada.

A este primeiro concerto seguiron outros tantos, entre eles dous dos máis ansiados para este evento: León Benavente e Ángel Stanich. A afluencia de xente na Marosa xa é unha total evidencia, e máis a partir da medianoite, horas da madrugada nas que estes dous grupos encheron o recinto.

Os traperos vigueses de Banana Bahía Music deron peche á primeira noite do festival, que este sábado comeza de novo coa –sesión bearmou– fronte aos locais O Traste, Kiko e Nordés, en Burela.

A mañá estará protagonizada polas versións das coruñesas Miss Lane & The Kryptonians, que actuarán a partir das doce e media no escenario do Traste; Escoitando Elefantes, que estará a partir da unha e media no escenario de Kiko; e Moonshine Wagon que estará no Nordés a partir das dúas e media.

Xa pola tarde, se o tempo acompaña, Clint Eastwood, ás seis e media, e Catete Rococó, ás sete e media, encargaranse de amenizar unha xornada con actividades para os máis pequenos mentres algúns repoñen forzas para afrontar a noite.

F.R. collerá a testemuña ás nove da noite e ás dez actuará Locoplaya. De novo inicio da noite festivalera na Marosa, dando paso a Alien Tango e á cabeza de cartel, que sen dúbida encherán o recinto: The Bots. Treas eles Rufus T. Firefly, Viva Belgraado e Meneo porán o punto final á edición deste ano, que repite celebración en pleno mes de agosto.

Comentarios