A oposición pide un pleno sobre a situación do hotel de Sober

Os representantes do BNG, Anova e PSOE de Sober solicitaron a celebración dunha sesión plenaria extraordinaria e monográfica sobre a situación que atravesa o hotel de luxo Palacio de Sober, establecemento que en febreiro do 2013 promoveu un expediente de regulación de emprego (Ere), só dous anos logo da súa apertura. Ademais, os tres grupos denuncian que ese Ere non se cumpre e que «só traballan dous ou tres persoas».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios