A octoxenaria de Guitiriz arroiada por un turismo falece no hospital

A octoxenaria guitiricense María del Carmen López Baamonde, arroiada onte por un turismo cando cruzaba a calzada da Avenida de Lugo, moi preto da súa casa, faleceu horas despois no hospital Lucus Augusti da capital lucense, ata onde foi trasladada en ambulancia.

A finada, de 86 anos de idade, faleceu supostamente a consecuencia do impacto recibido pola colisión do automóbil, que lle afectou á parte superior do tronco e incluso á cabeza, segundo informaron algunhas testemuñas.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios