A noite máis terrorífica do ano

MAR0211P16F3.JPG
photo_camera MAR0211P16F3.JPG

O vicedo viviu con gran animación do desfile do Samaín, que allende os mares coñecen como a festa de Halloween. A celebración non foi tan terrorífica como a pintan, polo menos na Mariña, aínda que si houbo unha afluencia importante. ao que contribuíu o bo tempo, igual que o feito de que a festa coincidise en plena ponte. Os veciños do barrio vivariense de San Lázaro tampouco quixeron ser menos, onde abundaron os disfraces e o baile con música en vivo permitiu espantar o frío, e non só ás bruxas. Ademais para entrar en calor, nada mellor que degustar castañas, petiscos variados, acompañados de viño, cervexa e refrescos. O café ou o chocolate e uns licores completaron a degustación, posible grazas á cooperación de restauradores como o Louzao, O Muro, Cantábrico ou O Imperial. E dentro dun ano, máis.

A SAÚDE É O PRIMEIRO EN RIBADEO. O colectivo veciñal O Tesón está inmerso nun ciclo de charlas de interese para todos os veciños. A última delas, que tivo lugar o pasado 28 de outubro na Casa das Letras de Ribadeo, correu a cargo da Asistente Técnico Sanitario do centro de atención primaria Mar González Méndez. A especialista aconsellou aos asistentes  respectar hábitos de vida saudable, xa que remarcou que a saúde depende máis do estilo de vida que do sistema sanitario. É máis, apuntou a que por cada euro investido en exercicio ou en prevención aforraríanse máis de tres en manter ou sistema público de saúde. Os presentes criticaron tamén a «maquillaxe» política das listas de espera.

ruta ecuestre entre alfoz e lourenzá. Un grupo de xinetes da Asociación de Promoción e Recuperación Val do Ouro, Apreval, fixeron unha marcha entre a parroquia alfocesa de Carballido e o restaurante Xílgaro, en Lourenzá. Neste establecemento, os participantes degustaron un menú a base de polbo e costela. Por outra banda, o presidente do colectivo, Alejandro Rouco, manterá un encontro co presidente da Federación Hípica Galega para que os cursos de homologación de xuíces de andaina impártanse no Valadouro.

Comentarios