A NBA anuncia a cancelación das dúas primeiras semanas da liga

O comisionado da NBA David Stern anunciou hoxe de forma oficial a cancelación das dúas primeiras semanas de competición despois de que os donos dos equipos e os xogadores non chegasen esta noite a un acordo sobre o novo convenio colectivo.

Ambas as partes reuníronse na noite de onte nun hotel de Nova York durante sete horas e do mesmo xeito que sucedeu na reunión de onte domingo, non conseguiron achegar posicións para chegar a un acordo.

David Stern afirmou sobre as negociacións: "ambas as partes están moi separadas en case todos os asuntos craves. Simplemente hai un mar que nos separa".

Comentarios