A monfortina Julia Rodríguez dirixirá a organización do congreso do PP de Lugo

A monfortina Julia Rodríguez presidirá a comisión organizadora do XIV congreso provincial do PP de Lugo, que se celebrará o próximo 2 de marzo na localidade mariñá de Burela.
Diso informou o PP nun comunicado, no que destaca que este conclave se celebra por primeira vez fóra da capital lucense.

Julia Rodríguez é a portavoz do PP no Concello de Monforte de Lemos, ademais de deputada autonómica. Foi senadora durante o primeiro ano de mandato de Mariano Rajoy.

O nomeamento de Rodríguez foi acordado na reunión da xunta directiva provincial. No encontro foron decididos o resto dos integrantes da comisión organizadora. Así, o vicepresidente será o alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela Pérez, e o secretario, o xerente do PP provincial, Manuel Xullo Platero. Serán vogais Jesús López Penabad, presidente do PP de Ribadeo; Lourdes Yáñez García, concelleira en Lugo, e Luís Luaña Castelo, tenente de alcalde en Begonte.

Comentarios