A menor das detidas foi candidata do PP por Astorga

Unha das dúas mulleres detida pola súa presunta vinculación co asasinato da presidenta da Deputación de León, Isabel Carrasco, é Montserrat Triana Martínez González, que traballara na Deputación de León como enxeñeira de telecomunicacións e fora candidata do PP por Astorga nas eleccións municipais de 2007 nas que figurou como 'número sete' da lista.

Foi despedida fai máis de dous anos e aínda reclamaba á falecida unha cantidade económica polos servizos prestados na Deputación na que traballo como enxeñeira de telecomunicacións, segundo informa o Ministerio do Interior, que nun primeiro momento explicou que o despedimento fora recente.

Estas mesmas fontes confirman non obstante que as primeiras hipóteses policiais seguen apuntando á vinganza persoal como o móbil deste asasinato. Segundo engaden, foi hai uns días cando esta muller recibiu unha notificación da Administración contraria aos seus intereses en relación co litixio que lle enfrontaba coa presidenta da Deputación.

Os seus labores na Deputación de León consistían, entre outras cousas, en asesorar e asistir aos concellos ou a redacción de proxectos (redes, infraestruturas de telecomunicacións, Banda Ancha, Televisión Dixital Terrestre), segundo informa Europapress

O mesmo ano que empezou a traballar para a Deputación presentouse ás eleccións municipais por Astorga, que tiveron lugar no mes de maio, pero non chegou a ser elixida nunha candidatura que estaba encabezada por Jacinto Bardal. Naqueles comicios o PP obtivo seis concelleiros polo que continuou co seu traballo na Deputación.

Anos despois, en marzo de 2011, dimitiu o concelleiro do PP por Astorga  Andrés Mures, polo que a presunta coautora do asasinato de Isabel Carrasco anunciou a súa intención de sucederlle a pesar de que quedaban semanas para a disolución da corporación debido ás eleccións municipais que tiveron lugar en maio dese mesmo ano.

Comentarios