A Mancomunidade aposta polo turismo para xerar emprego

Reunión de la concejala de turismo de Ribadeo con el sector. I. G.
photo_camera Reunión de la concejala de turismo de Ribadeo con el sector. I. G.

A Feira Internacional de Turismo de España, Fitur, pechou as súas portas tras cinco días de intensa actividade na que cada destino quixo situarse do mellor xeito posible fronte aos potenciais turistas. Os representantes mariñáns na feira madrileña viñeron en xeral satisfeitos coa participación da comarca, aínda que sempre hai cousas que mellorar para conseguir facer da Mariña un destino con nome e unha fonte de riqueza. «Está claro que hai que aproveitar o tirón do turismo, que é o único sector que nestes momentos está creando emprego», recoñeceu o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga.

De Madrid, Fuente tróuxose a idea cada vez máis clara de que se fai necesario vender a comarca como un destino conxunto e seguir traballando na liña promocional de amariñaturismo.é, páxina na que se venden paquetes para coñecer o territorio, e a satisfacción de que o Mes da Maxia obtivo o recoñecemento do Instituto Turístico Hostaleiro en España como produto novo.

Pero tamén un sabor amargo pola escasa representación da administración local que este ano se desprazou á capital: «A presenza da Administración alí non pode decaer, ten que seguir tirando do carro do turismo e non deixarse arrastrar pola crítica fácil do gasto que supón o desplazamento».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios