A maxia xuvenil do Golpe

A música uniulles e as ganas de tocar o que lles gusta fixo o resto. Para estes seis mozos músicos, de entre 13 e 16 anos, o perder o tempo non forma parte do seu vocabulario e o risco tampouco, por iso lanzáronse de cheo á piscina sen máis pretensións que pasalo ben, e o que teña que vir, virá.

Así o ven Álvaro Crego, Xoel Xeada, Nuno García, Gabi Bermúdez, Xabi Doural e Jesús Amor, compoñentes do Golpe, «coma o raposo», aclaran os mozos músicos, a puntiño de celebrar o seu segundo concerto, que será esta noite no pub Atalaia, do Valadouro, porque a súa estrea tivo lugar hai uns días no bar Miranda burelense.

A pesar da súa mocidade, todos atesouran gran experiencia no mundo da música, na que empezaron de cativos, pero lonxe de ser unha afección pasaxeira, enseguida converteuse en parte das súas vidas. A ela seguen dedicándolle moito tempo, pois todos eles forman parte das bandas de música da súa localidade, Jesús e Xabi, da de Foz, e o resto da burelense, aínda que Nuno é do Valadouro, polo que o concerto de hoxe será especial. «Para min é coma un sono, porque hai nada que empecei a ir mirar á xente que tocaba e agora vou seu eu quen esteña enriba do esceario», explica, co tesón que implica ser o maior do grupo.

A idea de crear un conxunto foi unha especie de arrebato que empezaron a madurar no Seminario de Jazz que se celebrou en Burela o pasado mes de xullo, onde tiveron a oportunidade de tocar xuntos nun 'jazz sessión' coa que concluía cada unha das xornadas do curso, unha experiencia que lles gustou e animoulles a seguir xuntos.

Nome

Elixir un nome foi o paso seguinte. «Tiñamos claro que queriamos un nome autóctono e se nos ocurreu este un día que eu levaba posta unha camiseta dos ‘Suaves' coa cara dun gato, o que nos levou a pensar no rapaso e, por iso, ou do golpe, polo animal» , relata Nuno.

Dúas guitarras, un baixo, un saxo, un trombón e unha batería conforman os instrumentos desta formación, que ten moito que agradecer aos seus pais, tanto aos biolóxicos, que se encargan de levalos e traelos aos ensaios e onde faga falta, como aos musicais, pois Israel Arranz préstalles os equipos, e Roberto Bouça cédelles o local de ensaio da banda.

Aos poucos, crearon un repertorio que chega xa á decena de temas, cancións en grao sumo variado, pois no gusto destes rapaces o mesmo mesmo ten cabida o jazz que o rock. «De momento, o único que queremos é seguir tocando, que é o que nos gusta, e se vai saíndo algunha actuación, estupendo, aínda que non importaríanos nun futuro poder vivir disto», afirman.

Para iso, aínda lles faltan moito, pois a punto están de iniciar un novo curso escolar (desde segundo da ESO a primeiro de Bacharelato), no que as notas son os primordial, algo no que de momento estes mozos non teñen ningún problema, pois todos son uns excelentes estudantes.

Comentarios