A nai da nena Uxía solicita á Raíña axuda para a prótese da súa filla

La niña, en un partido benéfico celebrado el pasado año en Monforte. (AEP)
photo_camera La niña, en un partido benéfico celebrado el pasado año en Monforte. (AEP)

Nuria Cobo, a nai da pequena Uxía López Cobo, a nena de Quiroga que naceu sen unha man e que necesita de forma inmediata que lle implanten unha nova prótese biomecánica, recorreu á Raíña Letizia en busca de apoio ao non dispor dos 20.000 euros que custa cambiarlle a man ortopédica. Desde a Casa Real, contestáronlle que intercederán ante a Xunta de Galicia para que a Consellería de Sanidade axude á pequena.

Nuria Cobo valorou o xesto da Dona Letizia, co que espera lograr certo apoio institucional a fin de conseguir unha cantidade de diñeiro da que non dispón e que necesita ter na súa conta antes do 6 de outubro. A nai desta pequena explicou que se viu obrigada a cambiar a data na clínica especializada de Barcelona que leva o caso da súa filla para o 6 de outubro, atrasándoa un mes debido a esa falta de diñeiro para facer fronte a ese importante gasto.

 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios