A choiva respecta o día do patrón

La tradicional procesión de San Xoán, por la Rúa Maior. (PORTO)
photo_camera La tradicional procesión de San Xoán, por la Rúa Maior. (PORTO)

Tras a intensa tormenta do luns, chegou a calma a Sarria e puido celebrar o día do patrón, co que a vila despediu cinco xornadas de festas. A choiva respectou practicamente todo o día e os sarriáns botáronse á rúa para festexar o San Xoán.

Os actos centrais foron a misa e a procesión polo centro histórico, nos que participaron a corporación municipal e veciños. A igrexa de Santa Mariña acolleu a eucarística, que estivo cantada pola Coral Polifónica do Concello. A procesión, acompañada pola banda municipal de música, partiu do templo para percorrer un tramo da Rúa Maior e parte das rúas Marqués de Ugena e Murallón. Para transportar a imaxe do santo utilizouse unha base móbil.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios