A choiva acurta os actos de Resurrección en Lugo

Encuentro ante la catedral (Foto: J. VÁZQUEZ)
photo_camera Encuentro ante la catedral (Foto: J. VÁZQUEZ)

Os actos do Domingo de Resurrección na cidade de Lugo, que pechan a Semana Santa, víronse acurtados pola choiva.

Así, púidose celebrar a primeira parte da procesión pero non a segunda, ao termo da misa. Funcionarios do Concello portaron a imaxe da Virxe do Rosario (patroa municipal) desde a casa consistorial ata a catedral, nun desfile no que participaron o alcalde e varios edís. á chegada á basílica, como é tradición, saíu a recibilos o bispo coa representación do Santísimo.

Celebrouse a misa pontifical de Resurrección, pero o que non puido ter lugar foi a posterior procesión coas imaxes da Virxe e o seu Fillo resucitado.

Comentarios