O labor de converter o café en arte

Grupo teatral de Francisco Lanza.
photo_camera Grupo teatral de Francisco Lanza.

O IES de Foz organizou onte unha reunión de traballo para explicar os detalles dos seus campionatos de baristas aos trece centros que participarán. Así, xunto a representantes da escola de hostalería focense competirán no Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e no Campionato de Baristas Rexión Noroeste Scae España, o resto de escolas galegas e a militar de Ferrol, así como a do IES Fonte Fresnedo da localidade cántabra de Laredo -este ano farao por primeira vez-, a do IES Pena Castelo de Santander, a do IES de Pravia (Asturias) e a de Viana do Castelo (Portugal). As competicións desenvolveranse os días 14 e 15 de febreiro de acordo a un programa que segue o esquema de anos anteriores. Ademais, dous exalumnos do centro focense, Víctor Couto e Diego López, farán sendas demostracións de latte art.

Renovación en Fancisco Lanza

A agrupación cultural Francisco Lanza de Ribadeo celebrará o próximo día 20 unha renovación da súa xunta directiva. Esta agrupación é unha das máis activas do municipio ribadense, e desde logo unha das súas históricas. A asemblea será ás 20.30 horas no local asociativo do antigo lavadoiro da rúa Os Fornos. Os seus socios decataranse de como van as contas da asociación, informaranlles tamén das actividades que se realizaron e das que están pensadas para este ano. Tras os rogos e preguntas acometerase a renovación da directiva. En Francisco Lanza conseguen facer cambios subsistindo, sobre todo tras unha etapa hai anos na que practicamente cesaran por completo as súas actividades.

Campaña do comercio de Mondoñedo

As campañas que o comercio mariñán organizou en Nadal foron un éxito. O sorteo de vales de compra foi un bo incentivo para os clientes que non deixaron de asistir ás citas convocadas polos comerciantes para saber se eran un dos agraciados. No caso mindoniense, máis de mil persoas achegáronse á praza Juan Cabot para facerse con algún dos 20 vales de 100 euros. Ao final entregáronse trece, pero o ambiente estivo en grao sumo animado.

Comentarios