A xustiza francesa deberá considerar se permite a uns pais porlle ao seu fillo 'Jihad'

O rexistro do Concello de Léguevin pon en coñecemento ás autoridades a solicitude tendo en conta un artigo do código civil

A xustiza francesa sopesa a prohibición a uns pais de darlle o nome de "Jihad" o seu fillo, tal e como o rexistraron no rexistro civil o pasado 2 de agosto en Léguevin, unha pequena poboación próxima a Toulouse.

"Jihad", que vén sendo a transcrición franca de Xihad , é en realidade un nome relativamente común nas comunidades musulmás. En Francia xa hai unhas 800 persoas censadas así, na súa maioría nenos.

O certo é que a tradución literal de "yihad" non é "guerra santa", tal e como se relaciona en occidente, senón abnegación, esforzo ou loita. No entanto, é empregada no anterior sentido polo Isis para dar nome á súa causa fanática e actos de terror, nos que Francia foi obxectivo en repetidas ocasións durante os últimos anos.

Así que o concello de Léguevin puxo o caso en coñecemento das autoridades francesas para que tomen unha decisión ao especto. Fano en tendo en consideración o artigo 57 do código civil, que recorda aos concellos os límites á liberdade dos pais, quen deben de evitar nomes que, sos ou unidos ao apelido, sexan ridículos, peyorativos ou groseiros, ou fagan referencia a nefastos personaxes históricos.

Comentarios