A xunta local de seguridade de Monterroso constitúese o vindeiro luns

A Subdelegación do Goberno en Lugo e o Concello de Monterroso convocaron o vindeiro luns unha reunión co obxectivo de constituír a xunta local de seguridade.

Ao acto asistirá o subdelegado, José Vázquez Portomeñe; o alcalde de Monterroso, o socialista Antonio Gato Soengas, e representantes da Garda Civil. O rexedor explicou que aínda que o municipio non dispoña de Policía Local resulta imprescindible unha maior coordinación entre as institucións implicadas na seguridade dos monterrosinos.

Gato fixo fincapé en que a colaboración do Concello coa Garda Civil é impecable, pero que «canto máis coordinados esteamos, mellores resultados teremos».

Correos

Por outra banda, o alcalde de Monterroso aproveitará para exporlle ao subdelegado os atrasos que se están producindo na execución da oficina técnica deste departamento de comunicacións que se está construíndo na localidade.

Na actualidade, Correos xa ten unha pequena oficina en Monterroso, pero desde ela só poden facerse as xestións máis sinxelas.

«A nova oficina técnica ofrecería a todo os cidadáns, e especialmente os empresarios, a posibilidade de empregar todas as opcións dás novas tecnoloxías polo que a súa entrada en funcionamento é esencial».

Comentarios