O investimento no plan de servizos sociais de Vilalba supera os 1,7 millóns

O Concello de Vilalba elaborou un proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais para este ano cun orzamento de algo máis de 1,7 millóns de euros, que presentará á Xunta de Galicia despois de que fose aprobado en pleno cos votos a favor do equipo de goberno e do BNG, mentres que o PSOE negouse a participar na votación deste punto.

O proxecto inclúe a solicitude de financiamento ao goberno autonómico por valor de 1.022.081 euros, ao redor de 80.000 máis que o achegado pola Xunta en 2013, tal e como explicou ao rexedor vilalbés, Gerardo Criado. Engadiu que a achega do Concello tamén aumenta, cuns 180.000 euros máis con respecto ao pasado exercicio, o cal permitirá que a partida de urxencia social deste plan «vaise ver notablemente incrementada», pasando de 10.000 a 40.000 euros.

AUTOVÍAS
Melloras na sinalización

O BNG propuxo nunha moción que o Concello fixese xestións para mellorar a sinalización das saídas cara a Vilalba nas autovías A-8 e AG-64. Criado explicou que o PP non podía aprobar o texto de forma literal porque a maioría das propostas dos nacionalistas, xunto con outras, xa foran trasladadas polo Concello ás administracións responsables. Aínda así, engadiu que tomaban nota dalgunha nova achegada polo BNG para «seguir insistindo» e mellorar a accesibilidade á capital chairega.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios