A invasión da calzada por un xabaril causa un accidente en Mondoñedo

A incursión na calzada da N-634, ao seu paso polo quilómetro 595, dentro do termo municipal de Mondoñedo, dun xabaril provocou na noite do sábado, cara ás 21.30 horas, un accidente. O vehículo implicado sufriu danos de consideración na parte frontal.

Por outra banda, a agrupación de Protección Civil mindoniense recibiu aviso onte pola mañá da invasión da calzada uns quilómetros máis arriba por parte dun grupo de cabalos, aínda que cando o equipo chegou ao lugar non lograron localizar a ningún exemplar.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios