miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

A independencia de Cataluña, a segunda preocupación dos españois tras o paro

A inquietude pola situación na comunidade supera xa a temas como a corrupción e o terrorismo no último estudo do CIS

A preocupación dos cidadáns pola independencia de Cataluña disparouse no último mes e xa é o segundo problema máis citado polos españois, tras o paro, segundo o barómetro do CIS correspondente ao mes de outubro.

É o primeiro estudo do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) desde a celebración do referendo independentista do 1 de outubro e, de feito, as enquisas foron realizadas entre o 2 e o 11 de outubro.

Así, a independencia de Cataluña é citada como un dos principais problemas de España para o 29 por cento dos enquisados, fronte ao 7,8 por cento que mencionaba esta preocupación un mes antes.

A primeira inquietude segue sendo o paro, citado polo 66,2 por cento, pero a independencia de Cataluña supera xa a temas como a corrupción e a fraude, os problemas de índole económico ou o terrorismo internacional, que noutras ocasións estaban moi por diante.

A independencia de Cataluña, a segunda preocupación dos españois...
Comentarios