A imputada polo caso da piscina de Monterroso ascende na Deputación

A xefa de proxectos da Deputación, Ana Belén Mera, investigada na operación Pokemon e imputada nas pescudas que se seguen polo pago de 323.000 euros en certificacións de traballos que non se fixeron na piscina de Monterroso, é unha das beneficiarias do plan de promoción horizontal do organismo provincial.

Este programa foi un dos puntos máis destacados do convenio que, a finais do mes de abril, asinou o goberno provincial cos representantes dos traballadores da entidade provincial. Nel sinálanse, entre outros puntos, as bases polas que se establece a promoción automática do persoal que ocupaba os denominados postos de entrada -que se traducen nuns salarios máis baixos, xa que foron creados en 2010 como unha fórmula de recortes- á escala de traballadores de nivel 1 ou 2, dependendo da formación académica do interesado.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios