A igrexa de San Salvador pechouse ao culto polo mal estado da cuberta

Iglesia de San Salvador, en la Rúa Maior de Sarria. (Foto: Porto)
photo_camera Iglesia de San Salvador, en la Rúa Maior de Sarria. (Foto: Porto)

A igrexa de San Salvador de Sarria atópase pechada ao culto ante o mal estado da cuberta e o risco de que sufra derrubes. Este templo data do século XIII e é un dos máis importantes da vila, pois se sitúa no centro histórico e en pleno Camiño de Santiago.

A comunidade mercedaria, responsable do templo, decidiu suspender as cerimonias fai uns dous meses. Segundo explicaron desde o convento da Mercé, a igrexa sofre pingueiras e conta cun falso teito que xa sufriu varios desprendementos sobre o pavimento e os bancos. As condicións que presenta o tellado levaron incluso a que crecese unha árbore. A cuberta é a parte máis deteriorada do edificio e a súa situación agrávase co paso do tempo.

REHABILITACIÓN
O vello templo de Vilasouto tamén espera o seu arranxo

A antiga igrexa románica de Vilasouto, no concello do Incio, tamén está á espera do seu arranxo para evitar o seu derrube. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios