A gran maioría da flota mariñá volveu faenar sen problemas

Un barco entrando en Foz (Foto: Antonio López)
photo_camera Un barco entrando en Foz (Foto: Antonio López)

A maior parte da flota mariñá faenou onte sen ningún problema. Segundo comentou Basilio Otero, patrón maior da confraría de pescadores de Burela, tanto o arrastre, como a baixura e a altura «saíron a faenar sen problemas». «Só había unha brisa de sueste, de 10 ó 11 nós, pero ningún problema para saír». Nos demais portos mariñáns tamén se sucederon as mesmas imaxes, e é a de que os barcos saíndo de porto.

Tamén o confirmou José Lestegás, patrón maior de Foz. «Aquí, a gran maioría saíron, pero non pódoche asegurar que todo», comentou. E todo mentres para hoxe estaba prevista unha alerta laranxa no litoral da Costa lucense. Pero o mar de fondo previsto non apareceu e si o fixo un mar calmo que provocou que as embarcacións puidesen traballar sen problemas. En Celeiro deuse o mesmo caso que nos dous portos anteriores.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios