A Generalitat fixa o número de voluntarios definitivos para o 9N en 40.930

A Generalitat informou hoxe de que o número definitivo de voluntarios para a xornada de participación do 9N é de 40.930 persoas -incluídos funcionarios-, que exercerán diversas tarefas que se lles asignarán nos próximos días.

A cifra total xorde unha vez depurados, para evitar duplicidades, os datos das 38.706 inscricións recollidas ata onte por internet máis a suma do persoal de centros docentes (4.170) e os que se apuntaron nas delegacións territoriais da Generalitat (684).
 
O persoal voluntario, que é o dobre do esperado inicialmente polo Govern, poderá exercer, entre outras, as funcións de presidente, xestor, coordinador ou suplente da mesa de votación.
 
A Generalitat abriu o pasado día 17 un prazo de inscrición para persoas, funcionarias ou non, que quixesen participar na organización do proceso participativo efectuando tarefas como ordenar posibles colas de xente nos puntos de votación, introducir datos no computador para crear o rexistro de participantes, formar parte das mesas de votación ou participar no reconto.

Comentarios