A Generalitat anuncia os resultados do referendo: 2.262.424 papeletas, o 90% a favor da independencia

A participación foi moi similar a obtida na consulta do 9-N, cando se rexistraron 2,3 millóns de votos

O portavoz da Generalitat, Jordi Turull, fixo públicos na noite deste domingo os resultados do referendo, no que, segundo o Govern, participaron 2.262.424 votantes.

O 90,09% dos participantes votaron a favor da independencia —2.020.114 papeletas—, e o 7,8% polo non —176.566—.

O voto en branco representa o 2,03% —45.586— e o nulo o 0,89% —20.129—.

Turull resaltou que uns 400 puntos de votación foron pechados ou precintados polas forzas da orde e que non se puideron contabilizar 700.000.

A participación foi moi similar a obtida na consulta do 9-N, cando se rexistraron 2,3 millóns de votos.

Comentarios