A FEMP ve a Deputación de Lugo como ''exemplo'' de xestión no seu ámbito

Besteiro, con Leal y Fogué (segunda y tercero por la izquierda). (Foto: EP)
photo_camera Besteiro, con Leal y Fogué (segunda y tercero por la izquierda). (Foto: EP)

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) considera que a Deputación de Lugo é «un exemplo do que deben ser as administracións provinciais en España».

Así o afirmou a secretaria deste organismo estatal, Isaura Leal, na presentación da obra ‘Libro Verde: os gobernos locais intermedios en España', un acto que contou coa presenza do presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro.

Na súa intervención, a secretaria da FEMP destacou o traballo realizado pola institución provincial lucense nos últimos catro anos. Entre outras actuacións, resaltou a implantación da administración electrónica a través do programa Innova-Te e o labor acometido en materia de infraestruturas.

Desde o goberno provincial felicitáronse destas palabras, ao sinalar que a Deputación de Lugo foi o único ente provincial mencionado por Isaura Leal, quen na súa intervención tamén fixo fincapé na necesidade de seguir mellorando as redes de cooperación cos concellos para aumentar a produtividade e aforrar investimentos innecesarios.

O Libro Verde é un diagnóstico sobre o papel das deputacións e doutros gobernos locais intermedios que achega unha serie de recomendacións sobre como aumentar a rendibilidade destes organismos.

A obra está promovida pola Fundación Democracia e Goberno Local, que preside o presidente da Deputación de Barcelona, Antonio Fogué.

O Lugo Emprega fai aumentar as visitas á web provincial

  • En xaneiro as visitas á renovada páxina web da Deputación aumentaron un 32% con respecto a decembro, segundo indicaron fontes do goberno provincial que atribuíron este feito ao interese suscitado polo plan Lugo Emprega e á posta en marcha da administración electrónica.

22.642 entradas

  • Das 22.642 visitas de xaneiro, 3.010 fixéronse o día 3, ao publicarse as primeiras notas de probas do Lugo Emprega.

Comentarios