A Feira do Queixo e o Mel gaña forza con catas variadas e máis artesanía nas Pontes

Puestos de venta de miel y queso, ayer en Goente. C.ARIAS
photo_camera Puestos de venta de miel y queso, ayer en Goente. C.ARIAS

Os produtos autóctonos foron os grandes protagonistas onte na parroquia pontesa de Goente, que se converteu nun centro máxico para os amantes do sentido do gusto. Os centos de padais que se achegaron á sexta Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente gozaron dunha explosión de sabores, centrada nos grandes homenaxeados, pero aberta a outras propostas.

O queixo e os produtos lácteos elaborados por Queixerías do Eume na parroquia pontesa da Faeira e o mel recollido polos socios de AGA Eume nas súas colmeas ofreceuse de forma gratuíta aos asistentes como reclamo e mostra da calidade do produto que puxeron á venda.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios