A Feira do Queixo de Monterroso incluirá degustacións de castañas

La última vez que Monterroso organizó esta feria fue en 2011. AEP
photo_camera La última vez que Monterroso organizó esta feria fue en 2011. AEP

A XXIII Feira do Queixo da Ulloa, que organizan de forma rotatoria os concellos de Antas, Palas e Monterroso, celebrarase nesta última localidade o próximo día 26. A edición deste ano presenta numerosas novidades, xa que non só se cambiou a data de celebración -normalmente ten lugar nos meses de primavera-, senón que tamén evoluciona cara a unha mostra agroalimentaria, na que outro produto típico da zona, a castaña, toma un especial protagonismo.

Unha decena de empresas relacionadas coa transformación deste produto, entre as que destaca o local Alibós, xa confirmaron a súa asistencia ao evento, que tamén incluirá degustacións gratuítas de castañas e de produtos elaborados a partir delas, como pan e empanada.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios