A Federación da Construción recorre a licitación do xeriátrico

Emplazamiento de la futura residencia de ancianos de Ribadeo. (Foto: J.Mª Álvez)
photo_camera Emplazamiento de la futura residencia de ancianos de Ribadeo. (Foto: J.Mª Álvez)

O goberno ribadense do Bloque Nacionalista Galego celebra, ás nove e media da mañá, un pleno extraordinario e urxente para abordar o recurso presentado pola Federación Galega da Construción contra a licitación das obras do xeriátrico. A entidade galega critica non só o breve prazo de tempo concedido para presentar ofertas, senón sobre todo que se obrigue aos construtores a pagar o Iva do aval provisional.

O líder da Unión do Pobo Ribadense (Upri), Agustín Reymóndez, explicou onte que a federación presentou o recurso de reposición do contrato principalmente porque «cre excesivo o aval provisional esixido, polo que cada empresa ten que achegar uns 50.000 euros como garantía», algo que todos os políticos da corporación ribadense consideran «exixible hoxe en día para non atoparnos con firmas que despois creban e deixan obras a medio facer, como ocorreu co pavillón, e porque estamos a falar de diñeiro público, polo que cabe esixir a máxima responsabilidade». O que non é legal e por iso corrixirase no pleno é que «por erro, no prego de condicións obrígase a pagar un tanto por cento do custo da obra como aval, máis o Iva, cando non se pode engadir o imposto».

PRAZOS
Critican que só haxa 13 días para optar ao contrato

A Federación Galega da Construción queixouse hai dous días de que o Concello só concede 13 días para presentar ofertas. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios