A familia Besada, de non saudar os Príncipes a unha carta cargada de valentía

A familia Besada quedará marcada para a historia como unha das tráxicas protagonistas do pasado martes, da negra noite do Apóstolo compostelán. Carolina Besada, de 18 anos, falecía no sinistro ferroviario que sacudiu Santiago na súa noite máxica. Viña de Ourense, cidade na que residía, celebrar a festa coas súas amigas.

A súa irmá menor, Marta Besada, de 16 anos, revolucionou Twitter desde o minuto en que se coñecía a traxedia para conseguir que alguén lle dixese algo de súa irmá. Os internautas chegaron a mandarlle fotos de sobreviventes que circulaban pola rede para ver se lograba evitar unha verdade que chegou unhas poucas horas máis tarde.

No seu primeiro chío, Marta, xogadora de fúbtol feminino na cidade das Burgas, informaba de que descarrilara o ''puto tren'' no que viaxaba súa irmá. Hoxe, a piques de cumprirse unha semana do falecemento de Carolina, rectificaba ''o de puto'' a petición do seu proxenitor. ''Só iso'', matizou. ''O meu pai rifoume''. Non sabemos se falaba do ''puto tren'' ou ao ''puto principito'', unha referencia ao príncipe Felipe, que visitou Santiago para acompañar as vítimas e as súas familias.



Neste sentido, hoxe facíase pública unha carta escrita pola nai da moza, adicada á súa filla e para a que pide ''máxima difusión''. Nela, reivindica a solidariedade de todos aqueles que axudaron os pasaxeiros do tren sinistrado pero tamén critica a hipocrisía dalgúns dirixentes políticos en relación ao trato, segundo ela, ás familias vinculadas ao accidente e á xestión do mesmo.

Entre a dor e a desesperanza, esta familia atopa o lugar para a crítica contra o que entende inxusto, tamén en honra á moza Carolina, a que estaría orgullosa diso, asegura a súa nai.

Así, a irmá e o pai da moza negáronse a saudar aos príncipes no funeral polas vítimas celebrado na catedral de Santiago onte pola tarde. ''O meu pai e eu negámoslle o saúdo aos que se fan chamar altezas. A nós non nos representan", é a mensaxe que publicou a irmá da falecida nas redes sociais para explicar o ocorrido.

Soy la madre de Carolina Besada Garrido, que falleció a los 18 años en el accidente de tren de Santiago. Me gustaría hacerles llegar este escrito y les agradecería que le diesen la máxima difusión.

Mi hija siempre me dijo que se sentía orgullosa de que fuese una luchadora y sé que no le hubiese gustado que me quedase callada. Esto es en homenaje a ella. A todas aquellas personas que ayudaron a nuestros seres queridos y a nosotros mismos en esos duros momentos quiero decirles que cada uno de sus gestos llenan de calor nuestra alma. Los que se sintieron conmocionados por lo ocurrido han de saber que su empatía nos da fuerza. Todos nos habéis recordado que el mundo está lleno de seres excepcionales. A los que, como nosotros, sienten dolor por su pérdida, les envío un abrazo sincero y todo mi cariño. Pensemos que están en paz y dejemos que el tiempo nos ayude a que su recuerdo nos inunde de amor. Gracias por todos los abrazos, besos y palabras de ánimo sincero que hemos recibido, incluso de personas a las que no conocíamos, anónimas o con "cargos".


Y por último quiero dirigirme: a los que se creen "importantes" y desfilaron ante nuestros ojos para las cámaras, con sus trajes y uniformes, para "hacerse ver", cuando llevábamos doce horas de angustia, sin saber si podríamos volver a abrazar a los nuestros. También al maquinista que, de confirmarse, nos ha destrozado con su irresponsabilidad. A los que vinieron a darnos un falso pésame porque su cargo o su partido se lo "exigía" (que sepáis que eso se transmite; habríais demostrado alguna compasión quedándoos en vuestros lujosos despachos). A los que cedieron a las presiones "de arriba" y nos torturaron prometiendo información que luego no nos daban. A los que prefieren "recortar" vidas a tener que renunciar a su coche oficial. Para deciros que vuestros actos os están pudriendo el corazón, pero que quizá no sea demasiado tarde para que rectifiquéis y colaboréis en hacer de este mundo un lugar en el que lo importante vuelvan a ser las personas.

Va por ti, mi niña.

 

Comentarios