A Escola Fogar de Sarria mantense este curso como sede das Escolas Viaxeiras

A Escola Fogar de Sarria será un ano máis sede das Escolas Viaxeiras. Trátase do único centro galego que recibe aos participantes nesta actividade.

A Escola Fogar pechou este ano por non contar con ningún alumno matriculado, pero se manterá como sede das Escolas Viaxeiras. No último curso contou con oito alumnos, que non pasaban a noite diariamente no centro.

A través desta actividade nenos doutras comunidades autónomas residen en Sarria tres semanas no outono e seis na primavera para coñecer outros espazos da xeografía española. Xeralmente os nenos comían e durmían na vila de martes a venres, cando facían rutas pola zona, mentres que de sábado a luns desprazábanse a outros puntos da comunidade.

En Galicia os alumnos coñecerán o Camiño de Santiago, A Mariña, A Coruña e As Rías Baixas. Os alumnos poden participar neste programa do 6 de marzo ao 21 de xuño ou ben do 25 de setembro ao 5 de decembro.

Comentarios