jueves. 26.05.2022 |
El tiempo
jueves. 26.05.2022
El tiempo

A directiva do IES Vilar Ponte busca alumnos para o bacharelato musical

Una reunión de la directiva de Viveiro (Foto: Antía/AMA)
Una reunión de la directiva de Viveiro (Foto: Antía/AMA)

Integrantes da directiva do instituto Vilar Ponte de Viveiro iniciaron esta semana unha rolda de visitas ao restantes IES da Mariña e o Ortegal co obxectivo de coñecer o número de alumnos interesados en cursar o bacharelato musical. O centro vivariense pretende implantar esta nova modalidade para o próximo curso.

A xefatura territorial da Consellería de Educación require un mínimo de cinco alumnos para a creación do bacharelato musical. O propio instituto conta con tres ou catro alumnos interesados, aos que se engadirían os do resto de centros. O directivos -xefe de estudos, orientadora e director- aproveitan os encontros para explicar a oferta educativa do Vilar Ponte.

De momento, os directivos xa visitaron os institutos de Burela, Foz e Xove (o martes), e San Cibrao, Ribadeo, Mondoñedo e Alfoz (onte). Mañá recalarán en Ortigueira e Agarimo, e tamén acudirán nos próximos días á María Sarmiento, con cuxa directiva xa comentaron o asunto. Na maioría dos centros consideran interesante e necesaria a nova modalidade, dado que agora os estudantes debían cursar estes estudos en Ferrol ou en Lugo.

Vantaxes

O feito de que non se requiran investimentos en obras nin material e de que o centro dispoña de profesores para impartir esta modalidade xoga a favor da concesión do novo bacharelato, cuxa creación tamén apoia o conservatorio vivariense, a Apa e o consello escolar.

Os estudantes de música terán como vantaxe que poderán validar as materias que cursen no conservatorio. Os alumnos terán materias específicas e outras comúns.

A directiva do IES Vilar Ponte busca alumnos para o bacharelato...
comentarios