martes. 02.03.2021 |
El tiempo
martes. 02.03.2021
El tiempo

A Deputación ultima a obra de reparación dunha ponte en Baleira

Martínez y varios técnicos supervisando las obras. ep
Martínez y varios técnicos supervisando las obras. ep

A Deputación de Lugo ultima os traballos de reconstrución dunha ponte en Córneas, en Baleira, que veu abaixo por unha forte riada. A responsable da área provincial de infraestruturas, Manuel Martínez, culpou dese derrube ao PP, por construír «con tubos de chapa» o viaduto cando estaba á fronte da institución, «co alcalde, Francisco Acal, como deputado».

Martínez sinalou que os traballos non se iniciaron antes ao faltar permisos doutras administracións, a pesar de dispor xa dun proxecto de reconstrución do viaduto. O goberno provincial destinará a esta actuación 30.000 euros. «É un presuposto que o PP nos obriga a investir para que os veciños de Baleira poidan facer uso desta infraestrutura de xeito seguro, porque isto non volverá a suceder», dixo.

Segundo explicou, a Deputación substituirá os actuais tubos de chapa circulares, «material que o PP considerou axeitado, poñendo en perigo aos usuarios e malgastando cartos», por catro marcos de formigón rectangulares, de tres metros de ancho por 2,8 de alto, ao longo dos case dez metros de viaduto.

Consiga AQUÍ a información completa

A Deputación ultima a obra de reparación dunha ponte en Baleira
comentarios