A Deputación supervisa máis obras en Guitiriz

Polín, con vecinos de Buriz, en foto que facilitó la Diputación
photo_camera Polín, con vecinos de Buriz, en foto que facilitó la Diputación

A deputada de deseño e artesanía da Deputación de Lugo e edil de Guitiriz, Regina Polín, supervisou este mércores xunto a veciños das parroquias guitiricenses de Becín e de Buriz o resultado de dúas actuacións ''moi necesarias'' impulsadas polo ente provincial que supuxeron o acondicionamento de dúas pistas municipais.

Polín recordou que esta actuación se fixo con cargo ao Plan de Comunidades Veciñais e que lle supón o aforro duns 24.000 euros ás arcas municipais, xa que nin Becín nin Buriz contan con comunidades de montes que puidesen financiar estas intervencións.

Ambas as obras foron solicitadas polas asociacións destas parroquias, San Julián de Becín e As Calzadas de Buriz, do mesmo xeito que a terceira actuación financiada con cargo a este plan realizada en Guitiriz: o parque biosaludable e infantil de Pígara. A visita do presidente do ente provincial a este último, a comezos de abril, xerou un forte polémica entre dúas institucións, o Concello e a Deputación de Lugo, cuxas relaciones non pasan por bo momento.

Comentarios