A Deputación planea crear unha ruta cultural sobre o VII conde de Lemos

Vega, tras una fotografía de un traje de época, en la exposición (Foto: Toño Parga)
photo_camera Vega, tras una fotografía de un traje de época, en la exposición (Foto: Toño Parga)

A Deputación de Lugo, a través da súa vicepresidencia terceira, traballa nun proxecto dunha ruta cultural por toda Galicia sobre o VII conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro. A idea, que se pretende desenvolver en colaboración coa Deputación da Coruña, foi dada a coñecer por María Xosé Veiga Buján, responsable da vicepresidencia terceira da Deputación de Lugo e primeira tenente de alcalde.

Veiga Buján expuxo este proxecto no acto inaugural da mostra itinerante que sobre o cuarto centenario do nomeamento como vicerrei de Nápoles do conde realizouse na casa da música de Chantada. Alí estará a mostra, que partiu de Monforte, durante este mes.

A deputada comentou que o seu departamento xa ten un esbozo da ruta e que conta xa coa disposición do organismo provincial da Coruña. «Agora haberá que darlle forma á idea, contar con máis apoios e definir o itinerario». Sobre ese aspecto está o referente do que partiu a idea, que non é outro que unha viaxe que en 1619 efectuaron o VII conde de Lemos e a súa esposa por toda Galicia, un periplo que durou 80 días.

Veiga recordou que a exposición sobre «o mecenas das artes máis importante da historia do Val de Lemos e Galicia», estará en practicamente todos os lugares da histórica ruta realizada no século XVII polo conde.

Dacabalo entre O Quixote e o viño

  • María Xosé Veiga, que abriu a mostra sobre o conde en compañía do alcalde chantadino, Manuel Anxo Taboada, e outras autoridades, considerou que coa conmemoración do cuarto centenario do virreinato débese non só aproveitar para dar a coñecer a historia do nobre, senón tamén para ofrecer os recursos culturais e rendibilizalos de cara ao turismo.

Referentes

  • A deputada aludiu a rutas como as establecidas sobre O Quixote e recordou que o conde foi mecenas de Cervantes. Destacou a boa acollida que ten, así como a boa resposta ás que hai sobre os viños.

Comentarios