sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

A Deputación pedirá apoio da Xunta a plans ''estratéxicos''

O pleno da Deputación de Lugo debaterá hoxe unha proposta do goberno bipartito na que insta a dirixirse á Xunta de Galicia para que colabore «de xeito inmediato» en proxectos «estratéxicos para o desenvolvemento socioeconómico da provincia».

Así o avanzou onte o portavoz socialista na institución provincial, Manuel Martínez, quen avogou por que o Executivo autonómico rompa «con tres anos e medio de silencio e enganos» en actuacións nas que a Deputación de Lugo demandou o seu apoio, ao responder a necesidades «da provincia».

Nese sentido, citou expresamente proxectos como o centro de recría, a rede de residencias para a terceira idade, a transferencia de estradas, a extensión da cobertura antiincendios ao 100% da provincia ou a implantación de internet de banda ancha en todo o territorio lucense.

Consiga AQUÍ a información completa

A Deputación pedirá apoio da Xunta a plans ''estratéxicos''
comentarios