A Deputación inicia pola Mariña o plan de roza da súa rede viaria

Una máquina, desbrozando, en foto difundida por la Diputación
photo_camera Una máquina, desbrozando, en foto difundida por la Diputación

Os traballos de roza, previstos no Plan de Roza que a Deputación Provincial aprobou na súa última xunta de goberno, iniciáronse este martes en diferentes vías da comarca da Mariña. O organismo provincial decidiu iniciar os traballos nesta parte da provincia dado que estas estradas son as que soportarán un maior incremento de tráfico nestes meses estivais, debido á chegada de miles de turistas á costa.

Estes labores de roza iranse estendendo paulatinamente polos demais concellos da provincia ata completar os máis de 4.200 quilómetros de estradas de titularidade provincial, a rede máis extensa de España.

Este plan especial conta cun orzamento de 600.000 euros e está previsto que os traballos se prolonguen durante unha boa parte do verán.

Comentarios