A Deputación garante o servizo do Grumir pontés

A Deputación da Coruña e o Concello das Pontes subscriben un convenio por valor de 45.000 euros para garantir durante este ano o servizo do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) na localidade, que recuperará así os 15 membros que traballan de forma habitual no equipo.

O organismo provincial, que selou onte o acordo da man do presidente da Deputación, Diego Calvo, coa edil pontesa e deputada provincial, Montserrat García, formalizou unha axuda económica anual que ten como obxectivo sufragar os gastos deste grupo municipal de urxencias, que se mantiña agora só cos tres xefes de servizo, que compoñen a súa estrutura estable.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios