A Deputación dota a unha parroquia de Guitiriz dun parque biosaludable e infantil

Un vecino prueba uno de los aparatos, ante la mirada de Gómez Besteiro (Foto: DIPUTACIÓN)
photo_camera Un vecino prueba uno de los aparatos, ante la mirada de Gómez Besteiro (Foto: DIPUTACIÓN)

O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a responsable da área de Deseño e Artesanía no goberno provincial, Regina Polín, deron conta este luns en Guitiriz do remate de novas actuacións en mellora das dotacións públicas no rural. Trátase da construción do primeiro parque biosaudable e infantil co que conta a parroquia de Pígara grazas a unha axuda da Deputación de 12.000 euros.

Sitúase á beira do Camiño Norte e conta cunha decena de aparellos para maiores e nenos (bicicleta estática, timón, remo, esquí de fondo, xogos para cativos...).

Uns 500 veciños viven neste núcleo rural guitiricense, dos que o 30% teñen máis de 65 anos e o 11% menos de 16. Segundo salientou a Deputación, trátase dunha parroquia “tradicionalmente marxinada pola ausencia de servizos públicos, como o alumeado público co que non contaron ata o ano 2005, ou o feito de que na actualidade os nenos de Primaria teñan que desprazarse ata Baamonde para ir ó colexio e os de Secundaria a Rábade, concello do que tamén depende o servizo de correos”.

O organismo provincial informou tamén de que achegou a esta parroquia outros 24.000 euros para mellorar accesos en Moeiro, Vilariño e Xestoselo

A visita de Gómez Besteiro e a deputada, que foi a anterior alcaldesa de Guitiriz, prodúcese no marco dunha nova polémica entre o goberno provincial e o local a conta dunha residencia da terceira idade proxectada para o concello. Estas obras non comezaron aínda, unha demora da que as dúas partes se culpan mutuamente. O alcalde, o popular Xosé María Teixido, non acudiu ao acto en Pígara.

Comentarios