A Deputación denuncia un boicot na mellora dunha estrada en Friol

O goberno bipartito informou de que a Deputación de Lugo presentou esta mañá unha denuncia ante a Garda Civil polo boicot que sufriu durante a noite a maquinaria que estaba a utilizar a empresa concesionaria das obras de mellora dunha estrada provincial.

Segundo informaron a EFE fontes do goberno provincial, os feitos denunciados sucederon fronte ás vivendas sociais de Friol, onde os operarios da empresa concesionaria deixara estacionada onte a maquinaria que están a utilizar nas obras de mellora da estrada CP-2106 -De Friol por Cimadevila a Lousado.

Os operarios atopáronse con que "toda a zona" onde están estacionadas esas máquinas estaba á primeira hora da mañá cuberta por "parafusos", de modo que se movían os vehículos picasen as súas rodas".

As mesmas fontes criticaron este "boicot" a unha obra que se fai en beneficio dos veciños da provincia e subliñaron que nunca antes se produciron feitos similares.

Comentarios