A Deputación de Lugo favorecerá o teletraballo para facilitar a conciliación

Candia asegura que medidas como esta contribúen a atallar o problema do envellecemento e a baixa natalidade
Elena Candia, en la rueda de prensa tras la junta de gobierno de la Diputación
photo_camera Elena Candia, en la rueda de prensa tras la junta de gobierno de la Diputación

A presidenta da Deputación, Elena Candia, anunciou este venres que a institución provincial impulsará un sistema de teletraballo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, especialmente dirixido a empregados con cargas familiares.

O goberno provincial acordou na súa reunión deste venres tomar as medidas necesarias para "unha implantación de carácter efectivo deste réxime de prestación do traballo".

Elena Candia avanzou que poderán acollerse a este sistema de traballo as persoas que "polas súas especiais circunstancias acrediten dificultades de conciliación" da vida familiar e laboral. Citou, concretamente, aos traballadores con persoas dependentes ao seu cargo ou aos pais e nais que, esgotando as baixas por paternidade ou maternidade, teñen fillos que "non alcanzaron a idade de escolaridade obrigatoria e non teñen praza nun centro público de escolarización infantil".

A presidenta da Deputación cualificou esta medida de "modesta", pero engadiu que pretende ser "un gran de area para atallar o problema do envellecemento da poboación e da baixa natalidade na provincia de Lugo, creando unha cultura e unhas expectativas sociais".

Comentarios