A Deputación atende 56 incidencias durante os seis días de temporal

As brigadas da Deputación de Pontevedra atenderon nos últimos seis días 56 incidencias polo forte temporal que azoutou a provincia.
 
Desde o 18 de xaneiro producíronse danos nas vías de titularidade provincial, principalmente nas zonas rurais do Condado e Paradanta, A Cañiza, Covelo, Crecente, así como Ponteareas, Dozón ou Forcarei.
 
A maior parte das actuacións das oito brigadas que seguen despregadas para garantir a circulación atenderon a presenza de neve nas calzadas, as árbores caídas nas vías ou desprendementos de terra.
 
A Deputación mantén operativas oito brigadas dotadas de medios humanos e máquinas de distinta tipoloxía para operar que traballan de modo coordinado para realizar as intervencións que fosen necesarias de cara a garantir unha óptima circulación polas estradas dependentes da Deputación.

Comentarios