A Deputación asegura o servizo de TDT a máis de 2.000 veciños de Xermade

Firma del convenio entre la Diputación y la asociación de Lousada. m.m.
photo_camera Firma del convenio entre la Diputación y la asociación de Lousada. m.m.

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, asinou onte un convenio de colaboración coa asociación sociocultural e ambiental Progreso de Lousada, no Concello de Xermade, que permitirá a máis de 2.000 veciños do municipio dispor do servizo de televisión dixital terreste do que ata agora carecían.

«Estamos moi satisfeitos coa firma deste convenio, xa comenzaron as probas do servizo e hai moitos veciños de Lousada que xa poden ver por fin con normalidade a televisión», sinalou o representante da asociación Progreso, Artemio García Baamonde.

O organismo provincial ha destinado 20.000 euros para o arranxo e dotación dos equipamentos necesarios que garantirán a cobertura de TDT en distintos puntos da localidade como Lousada, Roupar, Cabreiros, Candamil ou Santaballa (Vilalba).

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios